Thursday 16 de May de 2024

Cambre prevé trasladar a OMIX á Casa Arrigada


O goberno local de Cambre levará a pleno o vindeiro xoves 29 de decembro a proposta de trasladar a Oficina Municipal de Información Xuvenil á Casa Arrigada

O goberno local de Cambre levará a pleno o vindeiro xoves 29 de decembro a proposta de trasladar a Oficina Municipal de Información Xuvenil á Casa Arrigada.

Actualmente existe un acordo plenario no que o edificio modernista destinaríase a unha aula da natureza, no seu día proposta realizada polo grupo municipal de Esquerda Unida, pero dada a necesidade de ampliar o servizo da OMIX como a base da Policía Local o executivo que dirixe Óscar García Patiño cre máis necesario habilitar este espazo protexido para a oficina de información xuvenil.

Os técnicos da Oficina Xuvenil sinalan nun informe a necesidade de ampliar o espazo destinado aos mozos ante o incremento das actividades e da participación nos últimos dous anos.

Segundo o alcalde, nestes momentos, dada a alta participación xuvenil nas actividades deseñadas pola OMIX e o aumento dos seus programas é prioritaria a adecuación dun maior espazo para a OMIX.

Lembra que a OMIX traballa desde hai un ano cunha aplicación móbil que se descargaron case un milleiro de mozos cambreses, o que dá idea da importancia deste servizo público.